Paso a enumerar os traballos que teredes que ter publicados nos vosos respectivos Blogs para que non haxa confusións.
Lembrade que cando experimentedes técnicas novas, valorarase a creatividade, narratividade e o aporte de material propio. Se facedes montaxes ou transformacións nunha foto, valorarei que poñades ó lado o material orixinal.
- 4 PICTOGRAMAS: A escoller entre Matrimonio, Clase de Cultura Audiovisual, Alcoholismo, Maltrato Animal, Dolor
- FOTO DE MEDO: Para o Concurso de Fotos de Medo da Biblioteca.
- ZOMBIFICACIÓN: Seguindo o tutorial que puxen en youtube. Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
- DESATURACIÓN SELECTIVA: Un dos elementos dunha foto queda coloreado e quitamos a saturación ó resto da foto. Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
- COLOREADO DUNHA FOTO CLÁSICA EN BRANCO E NEGRO: Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
- EFECTO MINIATURA (TILT&SHIFT): Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
- PLANETOIDE: Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
- CLONS: Valorarase que as fotos sean feitas por vós. Hai que poñer as fotos orixinais e a creada.
- FOTOMONTAXE:Valorarase que as fotos sean feitas por vós. Hai que poñer as fotos orixinais e a creada.
- HYPERLAPSE.
http://culturaaudiovisual1415.blogspot.com.es/
Apertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario