lunes, 15 de diciembre de 2014

Traballos Primeira Avaliación

Ola. Benvid@s ó Blog de Cultura Audiovisual do IES praia Barraña de Boiro.
Paso a enumerar os traballos que teredes que ter publicados nos vosos respectivos Blogs para que non haxa confusións.
Lembrade que cando experimentedes técnicas novas, valorarase a creatividade, narratividade e o aporte de material propio. Se facedes montaxes ou transformacións nunha foto, valorarei que poñades ó lado o material orixinal.

  1. 4 PICTOGRAMAS: A escoller entre Matrimonio, Clase de Cultura Audiovisual, Alcoholismo, Maltrato Animal, Dolor
  2. FOTO DE MEDO: Para o Concurso de Fotos de Medo da Biblioteca.
  3. ZOMBIFICACIÓN: Seguindo o tutorial que puxen en youtube. Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
  4. DESATURACIÓN SELECTIVA: Un dos elementos dunha foto queda coloreado e quitamos a saturación ó resto da foto. Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
  5. COLOREADO DUNHA FOTO CLÁSICA EN BRANCO E NEGRO: Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
  6. EFECTO MINIATURA (TILT&SHIFT): Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
  7. PLANETOIDE: Hai que poñer a foto orixinal e a modificada.
  8. CLONS: Valorarase que as fotos sean feitas por vós. Hai que poñer as fotos orixinais e a creada.
  9.  FOTOMONTAXE:Valorarase que as fotos sean feitas por vós. Hai que poñer as fotos orixinais e a creada.
  10. HYPERLAPSE.
Asegurádevos que o voso Blog é accesible dende o meu, que hai ligazóns caídas
http://culturaaudiovisual1415.blogspot.com.es/

Apertas.